Cara á transformación ecolóxica
Descobre as tres iniciativas orientadas a reducir a contaminación das augas, facer un uso sustentable dos recursos hídricos galegos e desenvolver tecnoloxías para a mellora, valoración e modernización dos recursos naturais e o seu aproveitamento.
Descarbonización e dixitalización do ciclo da auga
A descarbonización da economía preséntase como un dos principais retos medioambientais a escala global para lograr un futuro sostible.
O Centro Mixto de Investigación CIGAT CIRCULAR é unha aposta polo desenvolvemento de tecnoloxías de transformación ecolóxica ao longo do ciclo integral da auga para a obtención de modelos de economía circular e dixitalización das correntes residuais do ámbito urbano, industrial e rural. O obxectivo principal é obter fontes de enerxía verde, novos recursos naturais e o uso eficiente destes.
CIGAT circular en números
3504712 €
Orzamento
2
Socios
41 meses
Duración