CIGAT Circular avanza con éxito na súa proposta para a descarbonización de Galicia
O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular potencia un novo modelo de xestión integral do ciclo da auga e os biorresiduos ao redor de catro eixes prioritarios (auga, enerxía, residuos e dixitalización) para contribuír á descarbonización de Galicia. Así, promóvese a produción de auga rexenerada, enerxía renovable e a recuperación de subprodutos recuperados como a celulosa, compostos con propiedades fertilizantes ou biocompostos de alto valor engadido, fomentando a economía circular e coa dixitalización como panca transversal transformadora.
CIGAT Circular avanza coa posta en marcha de diversas unidades experimentais, tanto a escala laboratorio como piloto, que permiten o desenvolvemento tecnolóxico que ambiciona o Centro Mixto de Investigación.
Múltiples avances ao redor dos 4 eixes
No relativo ao eixe auga, realizouse un balance de microplásticos na Ecofactoría de Ourense, no que se determinou que no proceso de depuración da auga residual elimínanse máis dun 97% dos máis de 28 millóns de partículas de microplásticos que chegan diariamente á depuradora.
Ademais, desenvolveuse un post-tratamento a escala laboratorio que permitiu a obtención dunha auga libre de microplásticos que se escalará nas seguintes fases do proxecto.
En canto ao eixe enerxía, arrincaron sistemas experimentais a escala laboratorio para estudar a optimización da produción de enerxía renovable (biometano e hidróxeno verde) a partir de lodos de depuradora e efluentes de industrias alimentarias (láctea e cervexeira), de gran peso na economía da comunidade galega.
Os traballos do eixe residuos centráronse en dúas direccións. Por unha banda, na recuperación de subprodutos, como a celulosa a partir de augas residuais urbanas a escala piloto. A celulosa recuperada alcanza unha pureza de ata un 90%, con gran potencial para ser utilizada como illante térmico, aditivo para asfalto ou recheo de taboleiros, entre outros usos, cunha redución de ata 2,5 toneladas de CO2 emitidas por cada tonelada de celulosa recuperada.
Doutra banda, púxose en marcha un piloto para a produción de biocompostos de alto valor engadido como os ácidos graxos volátiles a partir de lodos da industria conserveira e depuradora urbana mediante procesos de fermentación. Esta tecnoloxía presenta un gran potencial para fornecer á industria petroquímica ou de produtos de limpeza materias primas circulares e sostibles.
Por último, no eixe dixital avanzouse na creación dunha plataforma dixital que permite conectar produtores de correntes residuais, tecnoloxías e potenciais usuarios finais dos subprodutos xerados, co fin de avanzar no desenvolvemento de modelos de negocio que permitan industrializar as tecnoloxías desenvolvidas.
More news
O conselleiro de Ciencia e a directora de Gain coñecen os proxectos de innovación que Cetaqua e Viaqua están desenvolvendo en Galicia
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, visitou esta mañá, xunto á directora da Axencia... View Article
CIGAT Circular: Contribuíndo á descarbonización de Galicia
O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular propón un modelo integral para converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola... View Article