Viaqua e Cetaqua apostan por unha Galicia neutra en carbono coa consolidación do Centro Mixto de Investigación CIGAT CIRCULAR
O Centro Mixto CIGAT CIRCULAR, froito da colaboración entre Viaqua e Cetaqua Galicia a través da financiación da Axencia Galega de Innovación (GAIN), propón un modelo integral para converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola e rural en recursos de alto valor engadido co obxectivo de contribuír a que Galicia sexa unha rexión neutra en carbono.
A consolidación do Centro Mixto de Investigación, enmarcado dentro do programa Centros Mixtos de Investigación 2022 (IN83C), é o resultado da evolución das Unidades Mixtas CIGAT (2015-2018) e CIGAT BIOFACTORÍA (2018-2021) e a máxima modalidade dentro do Programa de unidades mixtas de investigación que outorga a Axencia Galega de Innovación. Este terá unha duración de catro anos e mobilizará un total de 3,5 millóns de euros, dos cales a Xunta achegará o 40% do investimento a través da Axencia Galega de Innovación. Ademais, suporá 12 postos de traballo cualificados, entre os de nova creación e mantemento.
CIGAT Circular, polo biotecnolóxico para a produción de produtos de alto valor engadido e a valorización dos residuos
CIGAT CIRCULAR evoluciona para ampliar coñecemento na liña de xeración e recuperación de subprodutos. Para iso, traballarase ao redor de diferentes liñas de investigación e innovación para pechar a circularidade dos eixos prioritarios: auga, enerxía e residuos, do seu proxecto predecesor CIGAT BIOFACTORÍA.
A primeira liña, relacionada co eixo auga, centrarase no desenvolvemento de tratamentos avanzados para a eliminación de microplásticos e a obtención de www.viaqua.gal auga reutilizable. No ámbito enerxía, impulsarase unha liña centrada no aproveitamento enerxético para a obtención de hidróxeno verde e biometano. Respecto ao eixo residuos, desenvolveranse dúas liñas de investigación: unha primeira directamente relacionada coa produción de biocompostos de alto valor engadido e outra co aproveitamento dos recursos presentes nas correntes residuais.
Co obxectivo de impulsar as industrias de base renovable en Galicia, CIGAT CIRCULAR plantexa, ademais, a introdución dun eixo dixital que actuará como catalizador para a creación e consolidación de modelos de negocio sostibles baseados en cadeas de valor circulares. Deste xeito, CIGAT CIRCULAR dá resposta ás metas que establece a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, que marca como obxectivo a redución do 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro para 2030 e alcanzar a neutralidade climática de Galicia, un equilibrio entre as emisións e as absorcións de gases de efecto invernadoiro derivadas dá actividade humana, antes de 2050. Viaqua e Cetaqua Galicia apostan deste xeito fomentar a transición cara a un modelo relacional co medio ambiente máis sostible e responsable, ofrecendo estratexias viables e sólidas para a descarbonización da industria e modelos de negocio circulares cun retorno económico que permita competir coa economía lineal predominante.
More news
O conselleiro de Ciencia e a directora de Gain coñecen os proxectos de innovación que Cetaqua e Viaqua están desenvolvendo en Galicia
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, visitou esta mañá, xunto á directora da Axencia... View Article
CIGAT Circular: Contribuíndo á descarbonización de Galicia
O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular propón un modelo integral para converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola... View Article