Obxectivos
A finalidade de CIGAT CIRCULAR é o desenvolvemento de tecnoloxías de transformación ecolóxica relacionadas coa economía circular das correntes residuais do ámbito urbano, industrial e rural.
Obxectivos específicos
Desenvolver tratamentos avanzados para a eliminación de microplásticos e a obtención de auga reutilizable para usos urbanos e prevención de incendios.
Lograr un aproveitamento enerxético para a obtención de hidróxeno verde e biometano.
Producir bio-compostos de alto valor engadido a partir de ácidos graxos volátiles (AGV) como plataforma química para a obtención doutros produtos.
Recuperar nutrientes e celulosa para o tratamento de correntes reais complexas con alto contido en sólidos.
Desenvolver unha plataforma dixital circular para impulsar a simbiose industrial, rural e urbana.
Liñas de investigación
Tratamentos avanzados para a eliminación de microplásticos e obtención de auga reutilizable
A través do desenvolvemento dun tren tecnolóxico para a eliminación de microplásticos e a obtención de auga rexenerada.
Aproveitamento enerxético para a obtención de hidróxeno verde e biometano
Desenvolvemento de tecnoloxía para a obtención de hidróxeno verde e o incremento da produción de biometano.
Produción de bio-compostos de alto valor engadido
Tecnoloxía para a produción de AGV a partir de lodos de depuradora desenvolta en CIGAT BIOFACTORÍA.
Recuperación de nutrientes e celulosa
Desenvolvemento de tecnoloxías para a recuperación de nutrientes en forma de amoníaco, a precipitación química para a recuperación de fosfatos e a recuperación de fibras de celulosa.
Desenvolvemento dunha plataforma dixital circular para impulsar a simbiose industrial, rural e urbana
Análise dos balances de materia dos sectores de interese a través da metodoloxía Material Flow Analysis e desenvolvemento dos modelos analíticos e aplicacións de usuario da Plataforma Dixital CIGAT CIRCULAR.
CIGAT CIRCULAR en números
3504712 €
Orzamento
3
Socios
41 meses
Duración