A importancia do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular no texido empresarial galego

O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular propón un modelo integral para converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola e rural en recursos de alto valor engadido co obxectivo de contribuír a que Galicia sexa unha rexión neutra en carbono.

Algúns dos socios do proxecto fálannos sobre os beneficios de CIGAT Circular na economía galega, que será capaz de evolucionar cara a un modelo de economía circular que beneficie ao conxunto da sociedade, mellorando o aproveitamento dos recursos e contribuíndo na transición enerxética, a descarbonización e a sustentabilidade da comunidade.
Participantes:
• Mirta Sueiro, Directora Xeral de Sogama.
• Miguel Carmody, Responsable I+D. Dirección técnica de desenvolvemento de negocio en Syspro.
• Enrique Espi, Technical Advisor & Deep Tech en Repsol.
• Virginia Alonso-Villaverde, Técnica de Laboratorio e I+D en Adegas Martín Códax.


Share:

More news

CIGAT Circular entra na última fase de validación experimental das tecnoloxías para a simbiose urbano-industrial

O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular entra na fase final de validación experimental das solucións tecnolóxicas desenvoltas previamente no... View Article

CIGAT Circular completa a súa terceira anualidade con importantes avances

A terceira anualidade do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular permitiu avanzar no desenvolvemento das actividades planificadas, destacando a posta... View Article

O conselleiro de Ciencia e a directora de Gain coñecen os proxectos de innovación que Cetaqua e Viaqua están desenvolvendo en Galicia

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, visitou esta mañá, xunto á directora da Axencia... View Article